Recibimos na escola unha visita inesperada. Veu a princesa Crabela do reino de Crunia. Contounos que estaba moi triste porque un malvado dragón ten secuestrado ao seu amado príncipe Arturo. E para poder rescatalo precisa da nosa axuda xa que debe de pasar unha serie de probas. A primeira delas é averiguar como é o escudo do príncipe Arturo. Por iso temos que poñernos a investigar.
Ningún comentario:
Publicar un comentario