Páxinas

RETO 13 DO CACO DE PEPA

CHEGARON NOVAS DO CACO E CON ELAS A PEGATINAS DO RETO 12 SUPERADO.
NESTA OCASIÓN, O NOVO RETO PROPOSTO, MESTURABA ARTE E TECNOLOXÍA.
O CACO ENVIOUNOS UNHAS OBRAS DE ARTE QUE TIVEMOS QUE ORDENAR DE MÁIS ANTIGAS A MÁIS MODERNAS E DESPOIS PRESENTOUNOS A OZOBOT, UN PEQUENO ROBOT MOI SIMPÁTICO QUE É QUEN DE DESCIFRAR CÓDIGOS DE CORES PARA COMPLETAR UN RECORRRIDO. 
FOI MOI DIVERTIDO! ESPERAMOS PODER FACER MÁIS ACTIVIDADES CON OZOBOT NO FUTURO!




NOVA VISITA DE ELENA BERENJENA

RECIBIMOS DE NOVO A ELENA BERENJENA. DESTA VEZ CHEGOU Á ESCOLA CARGADA DE ENERXÍA CORRENDO E FACENDO AEROBIC, E NÓS TAMEN NOS APUNTAMOS E FIXEMOS AEROBIC CON ELA. FOI XENIAL!
DESPOIS EXPLICOUNOS QUE  TIÑA TANTA ENERXÍA PORQUE ALMORZABA MOI BEN E CONSUMÍA UNS ALIMENTOS QUE LLE DAN FORZA E ENERXÍA PARA A ACTIVIDADE DIARIA. PERO OLVIDOU O NOME DESTE NUTRINTE E NÓS AXUDÁMOSLLE A BUSCAR POLO PATIO. FOMOS ATOPANDO SÍLABAS DUNHA PALABRA E AO MONTALA DESCUBRIMOS QUE SE CHAMABAN HIDRATOS DE CARBONO E TAMÉN DESCUBRIMOS QUE ESTES NUTRINTES ESTÁN NO PAN, NO ARROZ, NAS PATACAS E NAS GALLETAS.
CANTO APRENDEMOS CON ELENA!
ADEMÁIS XA NOS TROUXO OUTRA PEZA PARA COMPLETAR O ELIXIR. CREMOS QUE SÓ NOS FALTA UNHA. CAL SERÁ?


RECICLARTE

PARA CONMEMORAR O DÍA DA TERRA TIVEMOS A SORTE DE DISFRUTAR NA AULA DUNHA ACTIVIDADE DE RECICLAXE.
VEU A VISITARNOS LUCÍA COA QUE FIXEMOS UNHA RÁ RECICLANDO TUBOS DE CARTÓN DO PAPEL HIXIÉNICO. TAMÉN NOS EXPLICOU COMO DEBEMOS RECICLAR E EN QUÉ COLECTOR BOTAR CADA TIPO DE LIXO.
MOITAS GRAZAS AO CONCELLO POR ESTA ENTRETIDA ACTIVIDADE.


XOGOS OLÍMPICOS DA ESCOLA DE SÉSAMO

O DOS XOGOS OLÍMPICOS CHAMOUNOS MOITO A ATENCIÓN E POR ISO DECIDIMOS CELEBRAR UNS XOGOS OLÍMPICOS NA ESCOLA. 
ACORDAMOS REALIZAR 4  DAS PROBAS COAS QUE COMEZARON ESTES XOGOS: LANZAMENTO DE DISCO, CARREIRAS, SALTOS E LANZAMNETO DE JABALINA.
E NO REFERENTE AOS PREMIOS TODOS LEVARIAMOS UNHA MEDALLA COMA AS QUE SE ENTREGAN AOS GAÑADORES NA ACTUALIDADE.
O PRIMEIRO FOI FACER AS MEDALLAS COS AROS OLÍMPICOS. VIMOS CANTOS ERAN E AS CORES E INVESTIGAMOS POR QUÉ ERAN ASÍ. DESCUBRIMOS QUE OS 5 AROS REPRESENTAN OS 5 CONTINENTES. 
CANDO AS MEDALLAS ESTIVERON REMATADAS CELEBRAMOS OS XOGOS OLÍMPICOS NA ESCOLA. 
FOI MOI EMOCIONANTE!