DEPOIS DE COÑECER O SISTEMA RESPIRATORIO SEGUIMOS INVESTIGANDO E CENTRÁMONOS NO SISTEMA CIRCULATORIO.
DESCUBRIMOS QUE O SANGUE FAI UN PERCORRIDO DESDE O CORAZÓN ATA TODAS AS PARTES DO NOSO CORPO A TRAVÉS DAS VEAS E DAS ARTERIAS.
AS ARTERIAS LEVAN SANGUE OSIXENADA PARA QUE AS NOSAS CÉLULAS POIDAN FUNCIONAR BEN, E AS VEAS DEVOLVEN SANGUE CON DIÓXIDO DE CARBONO PARA QUE SEXA EXPULSADO DO CORPO.
UNHA COUSA QUE NOS CHAMOU MOITO A ATENCIÓN FOI COÑECER OS DISTINTOS COMPOÑENTES DO SANGUE: AS PLAQUETAS QUE SE OCUPAN DE PECHAR AS NOSAS FERIDAS, OS GLÓBULOS BRANCOS QUE NOS AXUDAN A DEFENDERNOS DE VIRUS E BACTERIAS E OS GLÓBULOS VERMELLOS QUE SON OS QUE TRANSPORTAN OSÍXENO.
Ningún comentario:
Publicar un comentario