Páxinas

FIN DE CURSO

ESTE CURSO DESPEDIMOS A 13 COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS!


MOITA SORTE A TODOS E TODAS NA NOVA ETAPA QUE IDES COMEZAR E NON OLVIDEDES VIRNOS VISITAR! BOTARÉMOSVOS MOITÍSIMO EN FALTA!

PARA DESPEDIR O CURSO CELEBRAMOS UNHA FESTA NA ESCOLA E CONVIDAMOS ÁS FAMILIAS A COMPARTILA CON NÓS. AGRADECEMENTOS A TODOS E TODAS POR UN DÍA TAN ESPECIAL E CHEO DE SORPRESAS!


BO VERÁN!

VOLVEMOS O 8 DE SETEMBRO




CHEGOU UNHA SORPRESA DE MARTIÑO E TESTA!

RECIBIMOS UNHA MENSAXE MOI ESPECIAL DE MARTIÑO E TESTA DESDE A SÚA CASA.
NELA ANUNCIARON UNHA GRAN SORPRESA! TIVEMOS QUE BUSCAR A MALETA QUE LEVARON AO ESPAZO NO NOSO PATIO. CANDO A ATOPAMOS ESTABA PECHADA E TIVEMOS QUE IR ADIVIÑANDO O CONTRASINAL PARA PODER ABRILA. FOMOS SEGUINDO AS PISTAS QUE NOS INDICABAN OS CÓDIGOS QR E FINALMENTE POIDEMOS ABRIR A MALETA. 
PARA A NOSA SORPRESA ESTABA CHEA DE AGASALLOS: UN LIBRO DE ASTRONAUTAS, UNHA NAVE ESPACIAL E UN LUNAROVER DE LEGO, UN CALEIDOSCOPIO E UN YO-YÓ PARA CADA UN; ADEMAIS DUN DIPLOMA DE RECOÑECEMENTO DO NOSO TRABALLO AXUDANDOOS NAS SÚAS MISIÓNS!
AGRADECEMENTOS A MARTIÑO E TESTA POR ESTA GRAN SORPRESA!


PODEDES VER O VIDEO QUE NOS ENVIARON VISITANDO O BLOG DA PEPATECA.

 

UN AGASALLO PARA A ESCOLA!

O VENRES 17 RECIBIMOS UN AGASALLO!

AS FAMILIAS REGALÁRONNOS UNHA MACEIRA PARA A ESCOLA. CANTO IMOS DISFRUTAR COMENDO AS SÚAS MAZÁS!

MOITAS GRAZAS A TODOS E TODAS POR ESTE MARAVILLOSO AGASALLO!